Empresa

Carnizaría Antelo é un negocio familiar fundado en setembro do 1969.

As distintas carnes que vendemos e elaboramos nas nosas instalacións proceden de animais nacidos e criados na Costa da Morte.

As tenreiras proceden das aldeas que nos rodean: Oliveira, Redonda, Cabaleriza, Vilachan, Touriñan, Cartel, Senande, Cibrán, Vilar do Paraíso, Casanova, Chafaris, Lobelos, etc.

Estas tenreiras son criadas por labradores produtores de carne, é dicir, gandeiros que non venden leite, co leite que producen as súas vacas aleitan aos tenreiros case ata o seu sacrificio, nalgúns casos ata o día anterior, este tipo de alimentación tradicional xunto cos cereais que plantan e recollen os seus donos, ademais tendo en conta que a raza predominante na nosa zona é a raza loura galega conxunta unha serie de condicionantes para ter unha carne de excelente calidade, terneza, e gran sabor típico de mostra bisbarra de Fisterra. Quizais me atrevo a afirmar que temos o privilexio de poñer á venda a mellor carne de tenreira, ou senón das mellores que se poden encontrar.

Tamén somos criadores de Porco Celta, a única raza porcina galega, que ata hai moi pouco tempo estaba en perigo de extinción, estes porcos son autóctonos de Galicia críase en semiliberdade, é dicir, soltos polos montes, aliméntanse do que eles mesmos recollen, herba, follas, landras, castañas, etc. tamén lle complementamos a súa alimentación cunha mestura de cereais a devandita fórmula é controlada por ASOPORCEL, asociación de produtores de Porco Celta da cal formamos parte como socios. Estamos a falar dunha raza de porcos moi similar ao porco ibérico.

Temos unha pequena fábrica onde facemos un grande abano de embutidos curados e cocidos.

Curamos xamóns, lacones, cacheiras, touciños entrefebrados, chourizos de varios tipos dende chourizo galego ata un chourizo cular.

Estes curados son posibles ás instalacións e o microclima tan peculiar que temos en Bermún, a aldea onde está situada a fábrica.

Tamén facemos morcillas galegas son doce, levan pan, pasas, azucre, piñóns e algo máis.

Loxicamente temos salgaduras típicos da nosa zona carnes salgadas coas cales se fan os cocidos e o gran caldo galego.

Dentro dos elaborados frescos na nosa carnizaría facemos un pouco de todo: chourizos crioulos, salchichas, hamburguesas, milanesas de tenreira e de polo, zorza, raxo, recheos con polos, de tenreira, costelas adobadas, etc.

Temos moi en conta o cambio de sociedade onde todos temos que traballar e para facilitar a vida aos nosos clientes e amigos facemos comida para levar, dende lasañas, canelóns, carnes asadas, calos ata as nosas tan apreciadas empanadas.