Blog

As Xornadas do Porco Celta repetirán datas o próximo ano

A organización das Xornadas Gastronómicas do Porco Celta, de Manzaneda, repetirá as datas elixidas para esta novena edición. Anunciouno onte o presidente da Asociación Porco Celta Manzaneda, Juan Hervella. "As Xornadas van quedar para a semana do san Martiño", dixo.

Esta decisión foi tomada despois de que en edicións anteriores, os organizadores probasen a variar os días da festa, buscando captar o maior número de visitantes para unhas xornadas que este ano se desenvolveron o pasado fin de semana.

Se as inclemencias meteorolóxicas restaron público na xornada do sábado, o domingo a asistencia aumentou considerablemente, segundo Juan Hervella. O presidente da asociación organizadora anunciou que o premio do concurso de cociña foi para Miriam Álvarez Prada, en tanto que o porco celta sorteado tocoulle á muller do alcalde: Ana Rodríguez.

Fonte: La Región

Entrada publicada: 14/11/2016

Volver