Blog

Coporcel participa nun proxecto de investigación sobre o porco celta

Coporcel participa nun proxecto de investigación sobre o porco celta

A empresa lucense Coporcel, dedicada á produción e comercialización de porco celta e cuxa leira principal atópase no municipio de Triacastela, participa nun ambicioso proxecto de investigación sobre esta raza autóctona de Galicia cuxo custo ascende a 1,3 millóns de euros.

O proxecto de I+D, centrado nas tecnoloxías de elaboración e conservación de alimentos sustentables aplicadas ao porco celta, foi merecedor dunha subvención próxima aos 800.000 euros concedida polo Goberno central dentro da liña de axudas do programa Feder Innterconecta.

Fonte: O Progreso

Entrada publicada: 23/01/2016

Volver