Blog

Unha reportaxe sobre o porco celta sobre gana o Premio de Xornalismo Álvaro Cunqueiro

Un reportaje sobre el porco celta sobre gana el Premio de Periodismo Álvaro Cunqueiro

A reportaxe "Porco Celta, un produto non só para gourmets", de Martina Vicente e Alberto Traversa, foi elixido gañador da XXII edición do Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, organizado polo Concello de Lalín (Pontevedra).

O traballo foi o mellor valorado polo xurado entre as 26 propostas que se presentaron á convocatoria deste ano, segundo destacou o consistorio lalinense.

A reportaxe ten unha extensión de sete páxinas e analiza a situación actual da produción, distribución e comercialización desta raza autóctona de Galicia, á vez que fai un percorrido polos seus retos de futuro e resalta a vertente gastronómica.

Fonte: O Correo Galego

Entrada publicada: 16/01/2016

Volver