Blog

Xornadas gastronómicas e de recuperación do Porco Celta en Manzaneda

Xornadas gastronómicas e de recuperación do Porco Celta en Manzaneda

As VIII Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta de Manzaneda celebraránse o sábado e o domingo na vila ourensá e inclúen unha mostra de artesanía. O sábado abrirase a xornada ás 11:45 cunha matanza tradicional e ás 14:00 horas será o xantar cun cocido de porco celta como plato estrela.

Pola tarde haberá unha charla técnica sobre o Porco Celta a cargo do Inorde e de Asoporcel. Durante todo o día haberá un taller de talla de madeira.

O domingo ás 10:00 abrirá a Mostra de Artesanía, que incluirá tamén un concurso de cociña. A mediodía sortearase un Porco Celta. Haberá xantar centrado nesta raza autóctona e a mostra de artesanía pechará ás 17:30 horas.

Fonte: Campo Galego

Entrada publicada: 05/12/2015

Volver