Blog

O Porco Celta en Galician Gourmet Extravaganza

Carne de cachena criada en Triacastela, lacón, porco celta, fabas, queixos de San Simón e do Cebreiro e croquetas, ademais de conservas e atún, pescada de Celeiro, cervexa artesá e café, son algúns dos produtos da provincia que participarán en galician Gourmet Extravaganza, un tour gastronómico polas principais capitais do mundo. A primeira parada será en Londres, do 15 ao 18 de outubro. E, as seguintes, en Dubái, Shanghái, Sidney e Tokio. Esta iniciativa organízaa a Cámara de Comercio da Coruña en colaboración co Igape.

A Londres desprazarase o chef Santi Almuiña, do Mesón Colón, de Lugo. Ao menú que servirá bautizouno como Don´t assume (non supoñas). Son sete pratos cos que pretende sorprender aos seus comensais. O lucense compartirá fogóns con Diego López, un dos cociñeiros máis destacados na cociña ecolóxica e biosana.

Fuente: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 07/10/2015

Volver