Blog

A localidade sonense de Nebra acolleu a Festa de Exaltación do Porco Celta

A conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, asistiu onte en Nebra (O Son) á Festa do Porco Celta, na que se cociñaron 400 quilos de carne desta raza  autóctona. A ración de 9 € incluía costela, lombo, lacón, chorizo, etc. e, ao mesmo prezo, había táboas de embutidos.

Numerosas persoas acudiron a esta exaltación, organizada pola comunidade de montes de Nebra e a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel), que explotan conjuntamente en Nebra unha granja de porco celta con 50 exemplares nun monte de 1.100 hectáreas.

Alí se implantó un moderno sistema de control remoto da instalación; os animais levan colares para o seu control por GPS e as compuertas ábrense a distancia, mobilizando aos porcos mediante sinais acústicos. Iso permite que só sexa necesaria presenza de persoal na granja unha vez por semana.

Fonte: O Correo Galego

Entrada publicada: 23/08/2015

Volver