Blog

O Porco Celta cóase entre artesanos en Cortegada

O Porco Celta cóase entre artesanos en Cortegada

En torno a unha treintena de artesanos ofreceron onte aos visitantes os máis diversos produtos durante a xornada de celebración en Cortegada de VINA Feira de Artesanía e do Porco Celta. O alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, valoraba moi positivamente esta nova edición que, segundo apuntou, atraeu un 30% máis de artesanos e tamén de público, que non perdeu a ocasión de admirar as exhibicións dos oficios máis tradicionais como a elaboración de encaixes de bolillos ou de cestería. A feira de artesanía se complementó coa oferta gastronómica na que predominou a carne de "porco celta".

O Concello de Cortegada, impulsor e organizador desta iniciativa, tamén ofrecía unha comida a base de paella e porco ao espeto, na que participaron en torno a 500 persoas, entre elas, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; o director xeral de Urxencias, Luís Menor e varios alcaldes da contorna. Avelino de Francisco puntualizaba que a organización da feira correu a cargo do Concello pero contando coa colaboración da Diputación provincial e do Inorde.

Ademais, houbo unha exhibición ecuestre, xogos para nenos e un taller de teatro, prolongándose a feira ata as 20,00 horas.

Fonte: A Rexión

Entrada publicada: 17/08/2015

Volver