Blog

Festa do Porco Celta

A Praza de Castelao de Corcubión acolle durante toda a xornada de hoxe a décima edición dunha das súas citas gastronómicas máis arraigadas, a do Porco Celta. Está prevista tanto unha comida como unha cea. A primeira, ás dúas da tarde. A segunda, ás nove e media da noite, e ambas as a base de produtos elaborados de porco celta. Para os máis pequenos tamén se organizaron actividades, como un concurso de debuxo ou, tamén, xogos populares. Así mesmo, a partir das 20.00 horas, comezará un festival de baile tradicional, no que participarán o grupo Breogán de Brens; o do centro cultural recreativo fisterrán, Xaldón de Corcubión (entidade organizadora do ecuentro), Os Coribantes de Pontecaldelas e, tamén, o Do Carrumeiro Escudeiros de Braga. Así mesmo, a festa rematará coa animación da charanga Diskordia.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 08/08/2015

Volver