Blog

Porco celta en Corcubión, mañá

Porco celta. Décima edición da Festa Gastronómica do Porco Celta, coa Praza Castelao de Corcubión como centro de actividades. Comida (14.00) e cea (21.30) a base de produtos elaborados de porco celta. Organiza a Asociación Amigos do Porco Celta da Costa da Morte. Para os nenos, concurso de debuxo e xogos. Ás 20.00, festival de baile tradicional cos grupos Breogán (Brens), o do Casino de Fisterra, Xaldón (Corcubión) Os Coribantes (Pontecaldelas) e Carreiro Escudeiros (Braga). Ademais, actúa tamén unha charanga, Diskordia.

Fuente: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 07/08/2015

Volver