Blog

A explotación do porco celta de Carballo organiza unha xornada de portas abertas

A explotación do porco celta de Carballo organiza unha xornada de portas abertas

Xornada de portas abertas na explotación do porco celta de Carballo para presentar o sistema de manexo de animais por reflexo condicionado. Trátase dun proxecto ideado pola Asociación de Produtos do Porco Celta, Asoporcel, que consiste no control dos animais con sistemas automáticos alimentados por enerxías renovables, eliminando así a figura do pastor. O público que se achegue mañá ás instalacións poderá coñecer o funcionamento do sistema e degustar produtos de elaboración propia. José Antonio Carril, coordinador de Asoporcel, incide na importancia deste pionero proxecto e espera que estea ben acollido polos cidadáns.

O pasado 13 de xuño elixiuse á nova directiva de Asoporcel, con Javier Vázquez Prado como novo presidente. Carril agradece á anterior directiva o traballo conseguido os últimos catro anos e asegura que o cambio supón renovar forzas para seguir co labor da asociación.

Fonte: Radio Lugo

 

Entrada publicada: 05/07/2015

Volver