Blog

Vimianzo acolle este sábado un encontro galego de Slow Food

Vimianzo acolle este sábado un encontro galego de Slow Food

O secretario xeral de Slow Food Internacional, Paolo dei Croce e a técnica do seu departamento Valentina Bassanese, viaxarán este fin de semana desde Italia a Galicia para facer unha visita á nosa Comunidade. Así, o vindeiro sábado, a partir das once e media da mañá, a Casa de Cultura de Vimianzo acollerá un encontro, no que participarán os responsables da sé central de Slow Food e membros do Convivium galego. O evento é aberto e no mesmo poderán participar todas aquelas persoas interesadas en coñecer a filosofía Slow, en especial os productores agrarios e responsables de restaurantes, entre outros colectivos.

Concluído o encontro, se celebará un xantar de vagar, no que será degustado un menú da Primavera Gastronómica vimiancesa. Os interesados en participar na comida de confraternidad teñen de prazo para inscribirse ata o xoves. Deberán facelo chamando aos números de teléfono 647 719050 ou 981 716110.

Pola tarde, haberá dúas visitas guiadas. Unha ao castelo de Vimianzo, para ver en vivo o proceso artesanal do lino, e outra aos secaderos artesanales de congrio de Muxía, onde tamén os responsables do mesmo explicarán o minucioso proceso da produción.

Previamente, o venres, a delegación de Italia e responsables do Slow Food Galicia manterán varias reunións con responsables da Xunta. Visitarán tamén o Centro Superior de Hostelería. A Comunidade galega conta actualmente con tres produtos no catálogo de alimentos Arca do Gusto, do movemento Slow Food: o millo corvo, o porco celta e a centolla de Lira.

Fuente: O Correo Galego

Entrada publicada: 24/06/2015

Volver