Blog

GandAgro analizará a situación do porco celta

GandAgro analizará a situación do porco celta

As explotacións de porco celta, raza autóctona galega en perigo de extinción, aumentaron en Galicia na última década un 109,6%, pasando de 155 granjas en 2005 a 325 en 2014. Estes son os datos consultados pola Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-GandAgro 2015, que se celebra entre o 19 e o 21 de febreiro na Feira Internacional de Galicia, en Silleda, e que analizará nunha xornada técnica a situación desa raza.

Segundo informan desde GandAgro, o crecemento de explotacións de porco celta foi impulsado polas iniciativas de recuperación desta raza que puxo en marcha tanto a Administración como a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel), iniciativas que tamén propiciaron un incremento dun 110% na poboación total da raza, pasando de 1.954 exemplares en 2005 a 4.113 no ano 2014.

Fonte: O Correo Galego

Entrada publicada: 12/02/2015

Volver