Blog

O Grupo de Desenvolvemento Rural priorizará aos emprendedores

O Grupo de Desenvolvemento Rural priorizará aos emprendedores

Os proxectos produtivos, promovidos por emprendedores, terán prioridad ante as iniciativas dos concellos para a xunta directiva do Grupo de Desenrolo Rural Sil-Bibei-Navea (GDR-11). O acordo anunciouno onte o seu presidente e alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide Bizarro, logo das reunións que mantiveron o órgano directivo e a asemblea do programa promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Para o exercicio 2015, os 10 concellos participantes dispoñerán de 278.286 euros para subvencionar proxectos. Na actualidade son 20 os que están pendentes de verificar por Agader e un deles xa se leva 200.000 euros de axuda. "Temos case todas as axudas comprometidas e queremos priorizar vos proxectos produtivos se non hai recursos, pero hai que valorar cada caso", explicou Francisco Magide.

Ante a posible prórroga do programa que debería finalizar este ano e a posibilidade de que os GDR sexan reestruturados, reducindo o seu número co aumento do número de concellos de cada un, o presidente mostrouse partidario de manter o reparto actual. Suscitou que os cambios atrasarían o inicio da súa actividade.

Na reunión, Clemente Pérez substituíu ao falecido concelleiro trivés Isauro Pérez no cargo de vicepresidente. Tamén foron aprobados os gastos previstos para 2015: 53.806 euros, así como o informe dos pagos de 2014: 254.728.

Esta cantidade corresponde ás subvencións entregadas durante o pasado exercicio, sendo as máis importantes as que se levaron unha fábrica de embutidos de porco celta de Manzaneda: 70.894 euros; así como os 23.824 euros dunha fábrica de licor café da Ribeira Sacra, en Parada de Sil.

O GDR-11 fórmano Castro Caldelas, Chandrexa, Manzaneda, Montederamo, Parada de Sil, Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana e Vilariño de Conso.

Fonte: A Rexión

Entrada publicada: 31/01/2015

Volver