Blog

Churrasco de porco celta con pementos asados

Churrasco de porco celta con pementos asados

Churrasco de porco celta acompañado de pementos asados e cunha gornición clásica de patacas fritas, Que máis se pode pedir?

Doada receita na que só debemos de ter unha boa grella, un pouco de sal, un pouco de aceite pero non é necesario e un pouco de perexil para decorar. Botarlle algo máis a esta carne é un verdadeiro sacrilexio.

Truco: máis que truco é consello, esperar a que a grella estea ben quente para botar as tiras de carne e non estar máis dun minuto sen dalo volta. Segundo vos guste a carne, darédeslle tantas voltas como queirades.

Emplatar: patacas fritas e pementos asados do Bierzo. Bo pan e bo viño e a gozar.

Fonte: Recetum

Entrada publicada: 21/12/2014

Volver