Blog

A Deputación de Ourense adxudicou as naves de cría de Porco Celta da granxa escola de Armariz

A Deputación de Ourense adxudicou as naves de cría de Porco Celta da granxa escola de ArmarizA Deputación de Ourense adxudicou a primeira fase do proxecto de granxa-escola que pretende crear na súa leira de Armariz, en Nogueira de Ramuín. O primeiro contrato é para a construción de naves específicas para a cría de porco celta, ovella galega e cabra galega, tres das razas puras galegas que se crían na leira na que nos dous próximos anos preténdese crear un espazo aberto de divulgación sobre estas especies. O importe total do contrato é de 199.602,29 euros, segundo publicouse hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e adxudicouse á empresa Explotacións Medioambientais SLU por procedemento negociado sen publicidade.

O investimento total que prevé a Deputación para levar a cabo este proxecto é de 1.200.000 euros e preténdese que se poida abrir no ano 2016. A primeira fase inclúe a construción das naves nun extremo da leira para acomodar aos animais e ás súas crías. Posteriormente derrubaranse unhas edificacións que afean o conxunto e non teñen utilidade. O recinto pretende converterse nun parque familiar de lecer ao redor das razas autóctonas.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 10/12/2014

Volver