Blog

Charlas sobre o porco celta na terceira Mostra de Oia

Charlas sobre o porco celta na terceira Mostra de Oia

A terceira edición da Mostra de Oia desenvolverase os días 18 e 19 de outubro en Mougás. Nesta ocasión, a cita cultural incluirá mercado, charlas e saídas ao monte en busca de cogomelos, ademais de rutas a cabalo a puntos de interese da parroquia.

As actividades arrancarán o sábado 18 coa cita micológica e unha excursión cabalar ás pozas de Mougás. Logo degustaranse os cogomelos e arrancarán as charlas sobre o porco celta ou o faro de Cabo Silleiro, entre outros temas.

O domingo celebrarase o mercado de produtos ecolóxicos e artesanía, haberá rutas ás pozas e ao complexo arqueolóxico da Cabeciña, ademais dunha actuación da MiniBanda.

Fonte: Faro de Vigo

Entrada publicada: 10/10/2014

Volver