Blog

O Porco Celta

Porco CeltaO porco celta formaba parte da dieta dos galegos xa na prehistoria. A graxa e a alimentación teñen moito que ver no sabor da súa carne, máis substanciosa que a do porco branco e, ademais de gusto máis intenso con sutís toques doce. Por ese motivo, ademais de chourizos, lacóns ou xamóns, interesa traballala en fresco. Papada, touciño, orella, costelares, xarretes e cortes como as costeletas e o lombo, o segredo ou a presa teñen tradución inmediata en todo tipo de cociña. Solombo, lombo, presa, pasados pola grella son técnicas comúns que respectan o sabor do produto.

Entrada publicada: 05/10/2014

Volver