Blog

A xaponesa Aeon pon no seu punto de mira a Coren, Orsal, Calvo e Pescamar

A xaponesa Aeon pon no seu punto de mira a Coren, Orsal, Calvo e Pescamar

O mexillón, o porco celta, a froita e os produtos frescos galegos marabillaron o xigante xaponés da distribución alimentaria AEON na súa xira de dous días pola comunidade en busca de oportunidades de negocio. Frigolouro (Coren), Orsal, Calvo e Pescamar, segundo descubriu este xornal, son algunhas das firmas situadas xa no punto de mira dos nipons para pechar futuros acordos.

A Xunta destacou as "grandes expectativas" que se abren para o sector agroalimentario, despois de que o líder da comitiva, Osamu Nakano, afirmase que a visita pode abrir diferentes vías de negocio, avanzando que Galicia terá un papel destacado no marco dunha feira española que se celebrará en Xapón en setembro. "Queremos facer promoción de produtos españois".

Fonte: O Correo Gallego

Entrada publicada: 07/07/2014

Volver