Blog

Novo mercado gastronómico dedicado á Ribeira Sacra

Novo mercado gastronómico dedicado á Ribeira Sacra

A praza de Abastos de Monforte acollerá este fin de semana un novo mercado gastronómico dedicado a produtos recolleitos, elaborados e envasados na Ribeira Sacra. Serán en total sete produtores os que se instalarán, os días 3 e 4 de mayo, no espazo da praza destinado ás mostras de carácter monográfico. A oferta incluirá desde xamón e embutidos de porco celta a queixos e doces típicos da zona.

No mercado dedicado aos produtos da Ribeira Sacra participarán Casa Neiras, Roscas María Carmen. Caza e Ibéricos, Bicas Adán, Cooperativa Porco Celta , Terras de María Castaña e Delicias dá Terra. O sábado estará aberto de dez da mañá a dúas da tarde e de cinco a oito da tarde. O domingo, como adoita ser habitual, funcionará só en horario de matinal.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 02/05/2014

Volver