Blog

A Xunta e os criadores de Porco Celta colaboran na recuperación e fomento desta raza autóctona

A Xunta e os criadores de Porco Celta colaboran na recuperación e fomento desta raza autóctonaO Goberno galego aprobou este mércores un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) para continuar coa execución do programa de recuperación, conservación e fomento da raza Porco Celta.

A Consellería de Medio Rural e do Mar financiará parcialmente o custo das actividades obxecto do convenio cun total de 140.000 euros, a razón de 70.000 euros anuais durante os anos 2014 e 2015, e Asoporcel financiará os restantes custos derivados das diferentes actuacións previstas.

A través do convenio, a asociación de criadores continuará coa realización do inventariado, caracterización e avaliación dos censos desta raza porcina.

Ademais, manterá o asesoramento na selección e mantemento da variabilidade xenética dos rabaños e realizará un estudo da raza e as súas potencialidades, enfocado cara aos novos modelos de produción e comercialización.

Entrada publicada: 02/05/2014

Volver