Blog

Beariz celebra en xuño a VIII Festa do Porco Celta para contar cos emigrantes

Beariz celebra en xuño a VIII Festa do Porco Celta para contar cos emigrantes

O Concello de Beariz celebra o 15 de xuño a VIII Festa do Porco Celta cuxa principal finalidade é contribuír á recuperación do porco Celta, única raza porcina autóctona de Galicia de protección especial en perigo de extinción.

Dado que Beariz, ao igual que o concello veciño Avión, é un municipio caracterizado polo elevado índice de emigración, principalmente a México, cada ano réndese homenaxe a un país de acollida. Esta edición será a Cuba, motivo polo cal, ademais da tradicional comida de gala, haberá un canto de tapas de Porco Celta, un canto Cubano e un de coctelería. Haberá tamén un Mercado Celta de artesanía e alimentación.

Nas sete edicións anteriores a asistencia media foi de 800 persoas para a comida e máis visitantes para o Mercado Celta. Este ano trasladouse a data a xuño, precisamente para que todos os emigrantes poidan asistir, polo que se espera máis participación.

A Festa do Porco Celta de Beariz conta cun importante apoio institucional (Xunta, Deputación, Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico...). Adoitan asistir personalidades coñecidas, entre elas, o presidente da Xunta, artistas galegos, empresarios e cociñeiros.

Entrada publicada: 26/04/2014

Volver