Blog

Unha nova adega presenta o seu viño acompañado dunha degustación de Porco Celta

Unha nova adega presenta o seu viño acompañado dunha degustación de Porco Celta

Malcavada, nova adega de Ribeira Sacra, presentará hoxe no Centro do Viño o mencía que comercializará con ese nome. A cata será no horario habitual, ás oito da tarde, e incluirá unha degustación de porco celta da cooperativa do Incio, que será cortado por un profesional. As explicacións acerca do viño correrán a cargo do enólogo da adega, Luis Buitrón, e do catador chantadino Bruno Lovelle.

Os elaboradores de Malcavada participaran noutros proxectos en Ribeira Sacra, do mesmo xeito que neste nova adega dentro do municipio de Sober. Agora en solitario, puxeron en marcha unha adega en Rosende na que se vinifica a uva procedente dos seus viñedos, situados na ribeira de Amandi. A adega, e o seu único viño, toman o nome que recibe a zona na que se atopa a viña. Nesta a súa primeira colleita, pon á venda 2.200 botellas numeradas.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 10/04/2014

Volver