Blog

O mercado dedicado á Ribeira Sacra reunirá a produtores de Porco Celta

O mercado dedicado á Ribeira Sacra reunirá a produtores de Porco Celta

O espazo central da praza de Abastos de Monforte acollerá o próximo fin de semana un novo mercado temático, que estará dedicado a produtos gastronómicos recolleitos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra. Serán nove produtores os que participen na mostra, na que se poderán atopar derivados do porco, embutidos de caza e porco celta, queixos, iogures, verduras, pan, empanadas, marmeladas e doces variados.

O mercado abrirá o sábado de dez da mañá a dúas da tarde e de cinco a oito da tarde. O domingo só funcionará en horario matinal. Os produtores son Eurolemos, Casa Neiras, Terras de María Castaña, Porco Celta, Panadería Caneda, Caurelor, Roscas Mari Carmen, Caza e Ibéricos e Repostería Toño.

A praza de Abastos albergará o mercado monográfico Chocolate paixón os días 22 e 23 de marzo. O último fin de semana deste mes será a mostra Muller Creativa, aprazada pola coincidencia co desfile de comparsas.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 13/03/2014

Volver