Blog

Sarria clausurou o seu fin de semana gastronómico dedicado practicamente en exclusiva ao Porco Celta

Sarria clausurou o seu fin de semana gastronómico dedicado practicamente en exclusiva ao Porco Celta

O acto central foi o pasado sábado cun cocido multitudinario no que participaron arredor de medio millar de comensais e concluíu onte cunha xornada que xa se dedica tradicionalmente a que os clientes dos locais gocen duns ovos fritos caseiros, case en todos os sitios coas máis que exquisitas puntillitas, acompañados dun chourizo de porco celta.

Os locais organizadores do certame contaron cunha numerosa afluencia de comensais que quixeron pechar un fin de semana do que seguro que tardarán de esquecerse, sobre todo debido a que os obrigará a realizar un pouquiño de réxime durante uns días para recuperarse.

Os que non quixeron perderse unha cita gastronómica tan especial foron os alcaldes de Sarria e Portomarín, José Antonio García e Juan Serrano, respectivamente, acompañados do edil de Deportes, Manuel Sangil, que elixiron a Cafetaría Santiago do Dique para probar o prato estrela do día. O certame cumpriu a súa sexta edición na que os seus organizadores: Ramón Álvarez, José Fontal, José Luis García, Juan Luis Días e Manuel Quintero volveron estar máis que sobradamente á altura e sorprenderon a todos os asistentes con novidades como unha mesa redonda con degustación de produtos.

O ano que vén estamos seguros de que repetirán para deleite de todos os que gozaron do cocido, aínda que algún deles manifestou a súa intención de retirarse, seguro que reconsidera a súa postura.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 17/02/2014

Volver