Blog

Un total de 112 gandeiros lucenses apostan pola produción de Porco Celta

Un total de 112 gandeiros lucenses apostan pola produción de Porco Celta

O porco celta, raza autóctona de Galicia, está en auxe polas súas calidades nutritivas e de sabor. A cría destes animais, con importante presenza na bisbarra de Sarria, implica no conxunto da provincia de Lugo a 112 produtores integrados na Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel), cun censo de 1.400 animais inscritos no libro xenealóxico oficial.

Esta actividade constitúe unha interesante posibilidade de negocio para os gandeiros da provincia dado que a alta demanda deste produto duplica á oferta e a carne de porco celta alcanza un elevado prezo no mercado (sobre 8 euros o quilo, entre 60 e 100 os leitóns e uns 900 os animais adultos). Os xamóns equipáranse tamén en cotización a outras denominacións de orixe como pode ser Guijuelo.

Fonte: O Progreso

Entrada publicada: 16/02/2014

Volver