Blog

Sarria xa vive e degusta a excelencia do Porco Celta

Sarria xa vive e degusta a excelencia do Porco Celta

O mal tempo non impediu que os sarrianos saísen á rúa para saborear as tapas elaboradas a base de porco celta que ofreceron varios locais e que serviron para estrear a sexta edición da Festa do Cocido de Porco Celta da Bisbarra de Sarria.

Os actos comezaron cunha benvida a cargo do alcalde, José Antonio García, e unha mesa redonda sobre produtos da zona en participárona o presidente de Asoporcel, Manuel Losada, o enxeñeiro agrícola, José Mouriño e o xornalista Xosé García Palmeiro, coordinada polo presidente da Asociación de Xornalistas de Turismo, Guillermo Campos.

Hoxe será o día central cun cocido no polideportivo dos institutos no que participarán preto de 500 comensais. O xurista Carlos Lema será o encargado de dar o pregón a partir das 13.30 horas.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 16/02/2014

Volver