Blog

Homenaxe á comida de prior

Homenaxe á comida de prior

A pericia dos cociñeiros ce a comarca sarriá é ben coñecida internacionalmente, por iso se se suma ao mellor produto autóctono, neste caso o porco celta, o resultado é que, segundo os expertos, poidan preparar o mellor cocido de Galicia.

Con eses antecedentes non é de estrañar que reunisen a case medio milleiro de persoas na sexta edición da Festa do Cocido de Porco Celta de Sarria, que se celebrou no polideportivo dos institutos. Entre os asistentes non faltaron á cita os alcalde da zona, a vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez e a directora xeral de produción, Patricia Ulloa.

Os comensais abriron boca, culturalmente falando, co pregón a cargo do catedrático de Dereito Mercantil e presente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, Carlos Lema, quen dividiu o seu relato en tres partes: Importancia da raza autóctona do porco celta, matanza tradicional e elaboración do cocido. Fiou o seu discurso narrando o relato dun neno, Iago, e a súa avoa, Milia, no que contou como criaban un porco -de orellas negras e pequeno tamaño como os celtas- desde que era un lechón ata que chegaba o momento da matanza. Na parte final recordou que Cunqueiro definía o cocido como "comida de cura" para engadir que ao da festa de onte habería que denominalo como "comida de prior". Concluíu a súa intervención explicando que o cocido "esperta a intelixencia, agudiza o enxeño, aumenta a bondade e acrecenta a xenerosidade de todo o que o come".

A organización, como sempre sen que ningunha o soubese, nomeou como cazoleiras e tixoleiros de honra ás cociñeiras María Belén López e María Ángeles López, do Hotels Carrís e Hotel A Veiga respectivamente, e ao colaborador co certame desde o inicio, Manuel Abella.

A festa contou con Photocall, para que os asistentes puidesen inmortalizar o momento e gravación de imaxes cun drone e concluíu cunha festa na Sala Budhha.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 16/02/2014

Volver