Blog

A bisbarra de Sarria homenaxeou o Porco Celta cunha festa multitudinaria

A bisbarra de Sarria homenaxeou o Porco Celta cunha festa multitudinaria

A sexta edición da Festa do Cocido de porco celta da Bisbarra de Sarria reuniu a cincocentos comensais no acto central celebrado no polideportivo dos institutos.

A xornada comezou co pregón a cargo do xurista e presidente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, Carlos Lema, quen na súa alocución recordou que se Cunqueiro definía o cocido como comida de cura, o de porco celta habería que cualificalo como comida de prior.

O acto serviu para homenaxear tres persoas que colaboran co certame dende a súa primeira edición: María Belén López, María Ángeles López e Manuel Abella, que recibiron os nomeamentos de cazoleiro e tixoleiras de honra. Asistiron ao acto os alcaldes da bisbarra, así como o vicepresidente da Deputación, Lara Méndez, e a directora xeral de produción agropecuaria, Patricia Ulloa.

Os asistentes gabaron a calidade da comida, dende o principio cunha sopa, pasando polo prato forte con todos os ingredientes e as sobremesas tradicionais. Ademais da festa, unha decena de locais ofreceron aos seus clientes tapas de derivados do porco celta durante a xornada. A celebración continuou cunha festa na Discoteca Budhha.

Como curiosidade, un drone recolleu imaxes aéreas da xuntanza.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 16/02/2014

Volver