Blog

Beariz apraza a VIII Festa do Porco Celta para o mes de xuño en busca de bo tempo

Beariz apraza a VIII Festa do Porco Celta para o mes de xuño en busca de bo tempo

A celebración da VIII Festa do Porco Celta de Beariz cambia este ano de data, aprazándose ata o mes de xuño. A primeiras edicións centráronse nos meses de febreiro e marzo, a pasada foi en maio e este ano xa ás portas do verán.

Aínda non se decidiu o día exacto da celebración da oitava edición deste evento gastronómico que reúne centos de comensais cada ano en Beariz, pero con certeza será no mes de xuño.

E é que segundo o alcalde, Manuel Prado, este cambio está motivado pola mala climatoloxía que adoita rexistrarse nos primeiros meses do ano, así como a intención de que os veciños de Beariz que viven na emigración poidan estar presentes nesta festa tan importante deste municipio.

O ano pasado celebrouse en maio e estivo dedicada a Brasil, país no que en 2012 o gremio español Belo Horizonte celebrou os seus 100 anos, sendo invitado o alcalde e a Banda de Gaitas de Beariz e no que se xerou o compromiso desta dedicación. E seguindo no continente americano, este ano a festa estará dedicada a Cuba. Agora queda por determinar o día e o menú que comprenderá algún elemento cubano.

Fonte: Faro de Vigo

Entrada publicada: 06/02/2014

Volver