Blog

Porco Celta e Galo de Mos están na batalla para conseguir ser delicatesen

Porco Celta e Galo de Mos están na batalla para conseguir ser delicatesen

Dispor de marca ou denominación ten un valor incuestionable. A zona ten exemplos nítidos. Chegou de arriba abaixo, de Xunta a produtores a denominación Teto. Chegou pelexada desde abaixo, moi pelexada e tras anos de intentos, a denominación Arzúa-Ulloa. Hoxe xa non se entendería a comarca sen estas dúas denominacións, que non fan outra cousa que recoñece a base produtiva local histórica sumada a outras zonas semellantes.

En Cruces e Lalín están nesa aposta, tratando de pór marcas aos seus exitosos referentes gastronómicos e arrincan con base asentada, Cruces na marca Galo de Mos e Lalín na de Porco Celta. Por aí márcanse os mínimos esixidos de base xenética. Logo traballan na linea de conseguir un produto con alto valor engadido. E, iso non é fácil. Nin é barato e incluso topa con rexeitamento social porque mentres non se demostre o contrario é un conto da leiteira. Como a investigación, como a innovación, resulta ou non resulta. E é aínda máis difícil de vender en tempos en que a crise mostra un amplo catalogo de prioridades.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 26/01/2014

Volver