Blog

A terceira Feira do Porco Celta de Arteixo, no aire polo seu elevado custo

A terceira Feira do Porco Celta, no aire polo seu elevado custo

O elevado custo da Feira do Porco Celta de Arteixo fai perigar a súa terceira edición. O presidente da Asociación de Comerciantes de Arteixo, Luis Espiñeira, admite que a feira que organiza dende 2012 está "no aire" pola complexidade que leva consigo a súa organización e o esforzo investidor do que require.

"Dende a asociación estamos a analizar os proles e as contras", apunta o representante dos comerciantes, que expuxo onte os 800 quilos de comida adquirida co diñeiro recadado na festa solidaria que cada ano organizan o día de Fin de Ano e que entregarán a Cáritas Arteixo. Preto de 800 euros investidos principalmente en cacao e galletas, alimentos solicitados pola organización benéfica. Inmersos xa na campaña de rebaixas, o colectivo organiza a programación para este ano. "Haberá iniciativas que se repitan pero tamén outras novas", avanza Espiñeira.

Fuente: A Opinión A Coruña

Entrada publicada: 16/01/2014

Volver