Blog

VII Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta

VII Xornadas Porco Celta Manzaneda 2014

O pasado fin de semana Manzaneda foi o punto de encontro para os seguidores da carne de Porco Celta. Durante o sábado e domingo, celebráronse nesta localidade a sétima edición das Xornadas Gastronómicas e de recuperación do Porco Celta e tamén a Mostra de Artesanía. Trátase de dous eventos diferentes que teñen como obxectivo exaltar as excelencias gastronómicas e turísticas da bisbarra de Manzaneda e Trives.

Así Manzaneda foi a encargada de abrir o calendario gastronómico en Ourense, rendéndose ao cocido, o prato estrela nestes días de frío e chuvia, sendo como protagonista a carne de Porco Celta.

O sábado pasado pola mañá abriu as súas portas o polideportivo para acoller os postos de artesáns, que ofreceron produtos diversos que van dende gastronomía a complementos de coiro, liño ou la, entre outros materiais; sen esquecer os obxectos de decoración.

Entrada publicada: 14/01/2014

Volver