Blog

Manzaneda loa ao Porco Celta cunha festa gastronómica e artesanal

Cartel Xornadas Porco Celta Manzaneda 2014

O Concello de Manzaneda vive este fin de semana unha auténtica festa co porco como principal protagonista. A meteoroloxía aliouse coa Xornadas de porco celta e a mostra de artesanía que reuniu por centos de persoas para gozar de gastronomía e de cultura. Os restaurantes Pendón e Nevada abriron as súas portas para ofrecer un cocido completo e no pavillón municipal instaláronse máis de 20 postos que ofreceron desde produtos gastronómicos da terra ata xoguetes e abelorios. Ademais, celébranse talleres de cerámica e de tornero de madeira. As Xornadas de porco celta continúan mañá, coa posibilidade de degustar os mellores produtos da matanza.

Fonte: A Voz de Galicia

Entrada publicada: 12/01/2014

Volver