Blog

A cría do Porco Celta cobra auxe no oriente provincial

Porco Celta Manzaneda

Un veciño de Éntoma explicou que o colectivo decidiu encargar a unha empresa de O Barco a matanza e os produtos elaborados coa carne de cinco animais. Posteriormente, o colectivo asumiu a súa comercialización, destinando os ingresos á compra de penso e demais coidados dos máis de 45 exemplares de porco celta que cría.

Detrás deste proxecto están o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), da Deputación Provincial. Dos seus criadeiros partiron os primeiros animais desta raza que chegaron a Éntoma.

Inorde e Deputación tamén teñen moito que dicir no impulso que está a recibir a cría de porco celta en Manzaneda. O presidente da Asociación de Porco Celta de Manzaneda, Juan Hervella, explicou onte que grazas ás dúas entidades puideron organizar as VII Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta. Desenvolverase os días 11 e 12 de xaneiro e foi complementada cunha mostra de artesanía.

Juan Hervella explicou que o colectivo que dirixe posúe unha pequena explotación. Tamén comentou que a orientaron á comercialización de cochinillos de porco celta. 'Estamos pensando en facer unha festa do cochinillo', comentou. A aposta por estas crías ten a súa razón de ser no elevado custo que supón alimentar os exemplares adultos para a matanza.

Segundo dixo, os matadoiros queren animais con pesos que oscilen entre os 100 e os 140 quilos. Se non os alcanzan ou os exceden, o prezo baixa. Esta esixencia obriga a alimentalos durante máis dun ano, cando os porcos comúns están listos para a matanza con oito meses. Para evitar este maior custo, comercializan cochinillos con dous meses.

'Hai moita demanda, pero non hai producción bastante para abastecer o mercado na actualidade', explicou Juan Hervella. É esta unha situación que está a ser corrixida lentamente. 'Todos os meses temos altas. Hai desde arquitectos que teñen a monte as fincas ata autónomos', afirmaron fontes da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel).

Fuente: La Región

Entrada publicada: 08/01/2014

Volver