Blog

O resurximento do Porco Celta é incuestionable, pero podería ser mellor

O resurximento do Porco Celta é incuestionable, pero podería ser mellor

Cando puxen esta foto na miña páxina de Facebook O que hai que ver un amigo futboleiro celtista me reprochou o subtítulo desta e tiven que explicarlle a diferenza entre substantivo e adxectivo para poder seguir sendo amigos. A realidade é que o Porco Celta, porco galego, é unha especie autóctona que chegou a estar en perigo de extinción, cuxo censo se intenta recuperar nos últimos anos. Aliméntase nos bosques de castiñeiros e carballos, xa que por ser descendente dunha raza salvaxe pode vivir en liberdade. O seu produto compite en calidade co ibérico de landra, ao que non ten nada que envexar.

As subvencións públicas están a axudar neste proceso de recuperación, pero o ideal sería facer rendible a produción prescindindo delas porque sería a mellor garantía de éxito.

Autor: Miguel Barral Rouco
Fonte: MUNDIARIO

Entrada publicada: 20/12/2013

Volver