Blog

O embaixador mundial do xamón ibérico coquetea co Porco Celta

Embaixador Mundial

Florencio Sanchidrián non se posiciona. Entre o xamón ibérico e o de porco celta non sabe con cal quedar: "Son distintos, cada un da súa rexión, pero non sei cal é o mellor", sinalou minutos antes de cortar unha peza de porco celta alimentado con castañas ante decenas de persoas que acudiron ao Foro dá Castaña que organiza o Grupo Covas. Sanchidrián, coñecido como o mellor cortador de xamón do mundo, cre que este xamón "ten que estar posicionado no mercado mundial porque ten calidades moi boas".

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, explicou que este instituto desenvolveu xa oito liñas xenéticas desta raza autóctona que permite obter 3.000 xamóns anuais que xa se comercializan. Destaca que tras unha década de traballo tratando de recuperala conseguimos un produto puro con trazabilidade" certificada pola Asociación Galega de Porco Celta. A maior produción está na montaña lucense, na Fonsagrada, mentres que o secado se fai en Guijuelo e Extremadura.

Entrada publicada: 17/09/2013

Volver