Blog

Semana Verde analizará os beneficios do Porco Celta

Semana Verde

As razas autóctonas galegas en perigo de extinción terán un gran protagonismo na área gandeira da 36 Semana Verde de Galicia, que se celebrará entre o 13 e o 16 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia, en Silleda. Entre outros temas, os expertos debaterán sobre os beneficios que xerará no monte galego o porco celta.

Así, as razas autóctonas serán o eixe central dun completo programa que se celebrará durante os catro días deste gran certame multisectorial de mostras e ocio, e que contará con apoio do Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural).

Entrada publicada: 08/06/2013

Volver