Blog

Presentado o Manual do Porco Celta

Porquiños Celtas

A conselleira galega de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presentou o "Manual do Porco Celta", editado pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, que depende do seu departamento.

O Manual incorpora abundante información sobre diferentes aspectos relacionados con esta raza, a súa cría e as características da súa carne, publicouse en colaboración coa asociación de produtores Asoporcel e co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e o Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria.

O número de gandarías dedicadas á cría do porco celta en Galicia supera xa o número de 350 e dende o ano 2009 o censo de animais reprodutores creceu nun 9%.

Entrada publicada: 19/04/2013

Volver