Blog

A Costa da Morte continúa coa promoción da raza do Porco Celta

Xornadas Porco Celta 2012

A Asociación de Amigos do Porco Celta da Morte dá Morte celebrou unha nova edición das xornadas de exaltación da devandita raza. A entidade decidiu este ano cambiar de formato, levando a cabo a degustación dun amplo e variado cocido. No nutrido xantar, celebrado no restaurante corcubionés As Hortensias, participaron unhas sesenta persoas de toda a zona, e mesmo doutras partes de Galicia. Entre os que deron conta das exquisitecedes do porco estaban o alcalde corcubionés, Francisco Lema; a deputada Zaira Rodríguez; a edil ceense Mabel Fernández; o ex director xeral de Medio Rural, Antonio Oca, entre outros.

Segundo explicou o seu presidente, José Luís Antelo, os Amigos do Porco Celta de Costa da Morte traballan en varias frontes. Ademais destas xornadas, organizan anualmente unha festa gastronómica (primeiro sábado de agosto).

Entrada publicada: 27/11/2012

Volver