Blog

A provincia da Coruña lidera por primeira vez a produción de Porco Celta

Porco Celta Coruña

A provincia da Coruña liderou por primeira vez, o pasado ano, a produción de 'porco celta' en Galicia, desbancando a Lugo e Ourense, segundo o censo de animais que figura no libro xenealóxico entregado na Consellería de Medio Rural pola asociación que agrupa aos criadores desta raza.

En declaracións a EFE, o coordinador técnico da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta, José Antonio Carril, confirmou que a recuperación desta raza para o seu uso comercial continúa "evolucionando favorablemente", a pesar da crise económica e das súas consecuencias sobre o sector primario.

De feito, confirmou que o pasado ano se pechou cun censo de animais vivos que rolda as cinco mil unidades en toda Galicia, o que representa un incremento do 20% con respecto á cifra de 2010.

O mesmo sucede co número de explotacións, porque se rexistraron 321, vinte máis que o ano anterior.

Con respecto á distribución do censo entre as provincias galegas, destaca o retroceso experimentado por Ourense, dado que ata o ano pasado lideraba a produción de 'Porco Celta' con Lugo, pero no transcurso de 2011 a súa evolución estancouse de tal maneira que actualmente é a última en número de animais censados.

Todo o contrario que a provincia da Coruña, que lidera a produción, seguida moi de preto por Lugo, mentres que Pontevedra ocupa o terceiro lugar, grazas ao traballo que se están a desenvolver os criadores dalgunhas bisbarras do interior, como a do Deza, explicou José Antonio Carril.

Entrada publicada: 02/02/2012

Volver