Blog

O Porco Celta e a centola de Lira estiveron na Feira Algusto de Bilbao

Cesar Perez co Porco Celta

Un ano máis, a feira Algusto celebrouse esta pasada fin de semana no BEC (Bilbao Exhibition Center). Unha feira que como indica o nome serve para ensalzar os alimentos máis naturais pois nace da colaboración do propio BEC co movemento Slow Food, tan presente xa na nosa bisbarra.

“Algusto, Saber e Sabor” é o lema da campaña, e alí estiveron os 3 produtos galegos que o Convivium Galicia da Slow Food ten na Arca do Gusto: O Porco Celta, a Centola de Lira e o Millo Corvo de Bueu. Estes acompañaron a outras ducias de alimentos non habituais pero de máxima calidade.

I é que foron ata 220 expositores chegados de 12 países de todo mundo os que participaron. Produtos tan singulares como as papas andinas de Quebrada de Humahuaca (Argentina), umbú w piñón de Araucaria de la Sierra Catarinense (Brasil), merkén (Chile), cardamomo de Ixcán, (Guatemala), amaranto de Tehuacan (México), vainilla de Chinantia (México), aceite de Argán (Marruecos) ou bacalao de Noruega foron algúns dos que compartiron mantel co porco celta da Costa da Morte.

Pois alí estiveron representantes da Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte. César Pérez xa o avisa, a mellor carne de porco do mundo, i é que en Bilbao desta variedade so había o noso. Pérez destacou tamén a importancia de que os círculos vaia coñecendo o produto da nosa zona.

Os valores da feira, que de sobra os cumplen os produtos costeiros, se poden resumir en:

- Produtos de alta calidade sans e prezo xusto.
- Preservación das variedades autóctonas.
- A protección dos recursos naturais e a biodiversidade.
- Defensa dos pequenos produtores e dos procesos de produción artesanais.

Entrada publicada: 19/12/2011

Volver