Blog

O Porco Celta loita contra o fraude da man da Slow Food

Degustación Porco Celta 2011

Cando as cousas fanse ben, ben parecen. E así o demostra que unha e outra vez as Xornadas de Porco Celta da Costa da Morte sigan tendo unha grande repercusión. I é que cando unhas xornadas técnicas as acompañas dunha boa degustación, o éxito está asegurado. De feito, máis de 100 persoas encheron a capela do Pilar tralas charlas para disfrutar a degustación da man de Carnizaría Antelo.

Así o prantexaron dende a Asociación de Amigos de Porco Celta da Costa da Morte nesta 4ª edición, na que a novidade foi a inclusión nas charlas do movemento Slow Food.

Con todo, dende a organización prantexan que se cadra para o ano hai que cambiar o formato, e no canto de charlas tan técnicas e serias, poderíase facer algo máis en plan tertulia, con debate aberto para que os asistentes, mentres degusten, sacien a súa curiosidade.

Contra o fraude

A veterinaria da Asoporcel, José Luís Antelo, Encarna Otero e César Pérez

A veterinaria da Asoporcel, José Luís Antelo, Encarna Otero e César Pérez

Por parte da ASOPORCEL falou a veterinaria Alba, que ademais de repasar datos da raza falou do eido comercial. E centrouse nun punto importante: o fraude. A entidade está a comezar a mirar a problemática pois xa houbo varias queixas de xente que está vendendo porco celta por algo que non é, o que implica un fatal fraude ao consumidor e tamén á marca. O organizador das Xornadas, José Luis Antelo, explícanos que "xa se está dando casos, sobre todo na hostelería, de algo que non nos imaxinaríanos hai anos: estase dando ibérico por celta, iso no mellor dos casos, porque noutros dan simplemente porco de granxa".

Antelo destaca que os 9 eleboradores que hai en Galicia están a recibir (aquí sempre máis tarde que en ningures) precintos e contraetiquetas do Consello de Garantía. "Hai que conseguir que a xente que compre porco celta teña a total garantía que sexa porco celta, como se está facendo coa Ternera Gallega", explica.

Coñecendo a Slow Food

Encarna Otero, unha voceiras máis activas do Convivium Galicia, explicou este movemento filosófico gastronómico mundial que pouco a pouco se espalla por Galicia. Ademais de presentalo en sociedade na vila corcubionesa (moitos dos asistentes non sabían de que se trata), Antelo aposta por darlle cara adiante. "Xa van 3 anos dende a súa presentación en Galicia e xa hai que poñerse a facer máis cousas". Lembren que a Costa da Morte é un alicerce fundamental do movemento no país.

"Restaurante km.0"

Otero falou dunha nova marca de calidade para establecimentos hostaleiros. Esta marca de Restaurante km.0 prantexarase para aqueles que teñan alomenos 4 produtos Slow na súa carta. O problema é que por agora só hai 3 produtos aprobados na Arca do Gusto (centola de Lira, millo corvo de Bueu e porco celta), pero xa hai outras razas autóctonas a piques de ser aprobados, como é a galiña de Mos. Ademais, estes establecimentos deberán estar a non mais de 100 quilómetros da orixe dos produtos.

Entrada publicada: 07/11/2011

Volver