Blog

A Slow Food toma protagonismo nas IV Xornadas do Porco Celta da Costa da Morte

Porco Celta Corcubión

Non paramos de disfrutar das cita gastronómicas máis importantes do país. Esta que traemos hoxe non é unha festa, pero si unha sesión fantástica para coñecer mellor un dos produtos da Arca do Gusto da Slow Food Galicia, e disfrutar dunha boa degustación.

I é que a Asociación do Porco Celta da Costa da Morte organiza para o día 5 de novembro unhas xornadas para a promoción deste produto, que incluirá unha degustación gratuíta. Son xa as IV Xornadas sobre o Porco Celta na Costa da Morte, as que acollerá á Casa da Cultura de Corcubión este vindeiro sábado 5 de novembro. Xornadas técnicas que se complementan perfectamente coa Festa do Porco Celta que se celebra no verán.

Coma sempre as charlas complementaranse coa degustación, que este ano será na Capela do Pilar. De primeiras un representante da ASOPORCEL repasara as conclusións ás que se chegou no congreso mundial do xamón que se celebrou en setembro en Lugo.

De contado, Encarna Otero, representante de Slow Food Galicia, falará sobre este movemento filosófico-gastronómico mundial.

Entrada publicada: 01/11/2011

Volver