Blog

Corcubión acollerá unha nova degustación de Porco Celta

Slow Food

A Asociación do Porco Celta da Costa da Morte organiza para o día 5 de novembro unhas xornadas para a promoción deste produto, que incluirá unha degustación gratuíta.

A actividade desenvolverase de novo na vila de Corcubión. A charla será na Casa da Cultura e correrá a cargo dun representante da entidade anfitriona, que falará sobre este animal autóctono e expoñerá as conclusións ás que se chegou no congreso mundial do xamón que se celebrou en setembro en Lugo.

Despois haberá unha charla sobre o que se coñece como slow food, da que se encargará Encarna Otero Cepeda, que é a representante deste movemento en Galicia.

Precisamente foi unha conferencia de Pía Lago en Vimianzo sobre este mesmo asunto a que deu lugar ás xornadas gastronómicas de Vimianzo.

Para pechar a xornada haberá unha degustación gratuíta de porco celta, preparado de distintas maneiras, na capela do Pilar.

Entrada publicada: 27/10/2011

Volver