Blog

Lugo presenta ante o mundo o xamón de Porco Celta

Porco Celta

O Congreso Mundial do Xamón que se celebra dende onte e ata mañá en Lugo está a servir como carta de presentación ao mundo do xamón de Porco Celta. O coordinador do Comité Científico, Miguel Fernández, explicou que Galicia está volvendo recuperar o seu auxe no sector jamonero grazas, en parte, a esta raza autóctona. Fernández sinalou onte tamén dous aspectos fundamentais que destacan nesta sexta edición do congreso: unha sesión específica para a paleta e o lacón e, dado que se trata dun sector exportador, que a cita sirva para buscar novos mercados e consolidar os xa existentes.

A asistencia ao congreso, no Pazo de Feiras e Congresos, foi masiva nesta primeira xornada, onde ademais de relatorios e reunións profesionais houbo exposicións e degustación.

Dende a Administración local e provincial, representada por Antón Bao e José Ramón Gómez Besteiro, respectivamente, valoraron a relevancia do congreso para a cidade. Bao recordou a importancia económica e social das matanzas, «elemento importante das familias lucenses, sobre todo no rural». Ademais, animou os asistentes a converterse en «embaixadores de Lugo» e a participar no concurso de tapas, que este ano, ademais, conta cunha categoría dedicada ao xamón. Pola súa banda, Besteiro afirmou que Lugo «é o mellor supermercado do mundo, pola súa horta e o Cantábrico» e recordou a calidade do lacón galego e os derivados do Porco Celta.

Entrada publicada: 22/09/2011

Volver