Blog

A Slow Food Galicia busca Novos Horizontes do Consumo Responsable

Slow Food

A participación costeira na creación do Convivium Galicia da Slow Food é fundamental. Non só dous dos 3 produtos galegos incluídos no Arca do Gusto de Slow Food, 2 teñen a semente na Costa da Morte, como son o porco celta, a centolla de Lira, ademais do millo curvo de Bueu. Ademais, o seu presidente é o muxián Jesús Trillo, e Muxía acolleu a presentación en sociedade do Convivium Galicia deste movemento, implantado en todo o mundo, aposta por preservar os alimentos tradicionais e en perigo de extinción.

De aí que cada actividade na que se fale de lume lento, será de interese para a nosa bisbarra.

E malia levar uns meses sen actividades destacables, a representación galega deste movemento filosófico-gastronómico mundial volve á actualidade. Este vindeiro luns 12 de setembro, participarán nas xornadas sobre "Variedades Locais e Gastronomía", que se celebarán na Aula de Cociña Porto Muíños, en Cambre. En concreto, exporá a filosofía Slow Encarna Otero, membro do Convivium Galicia.

O Convivium Galicia asistirá tamén cunha caseta ao Salón do gusto, que se celebrará en decembro en Bilbao.

Novos horizontes para o consumo responsable

As xornadas de Cambre están promovidas polo proxecto Novos Horizontes, no que participan varios Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e Asturias. Un deles, de feito, o desenvolto en Bergantiños, está sendo moi interesante recuperando a pataca fina de Carballo e o millo corvo. O principal obxectivo da iniciativa é identificar, ensaiar e difundir cultivos tradicionais e novas producións que poidan xerar emprego no mundo agrario, conectando devanditas producións cos demandantes de emprego e os mercados obxectivo.

Tras a inauguración por parte do alcalde de Cambre, Manuel Rivas, ás 10.30 h., ademais da relatora de Slow Food, intervirán tamén representantes das cooperativas de consumo responsable Zocamiñoca da Coruña, A Cova da Terra, de Lugo, e A Xoaniña, de Ferrol, así como da Rede Andaluza de Sementes.

Entrada publicada: 09/09/2011

Volver