Blog

Animando aos gandeiros da Costa a abrir novas explotacións de Porco Celta

Porco Celta

Un éxito, coma sempre, as III Xornadas Galegas do Porco Celta na Costa da Morte. A Casa da Cultura de Corcubión acolleu a sesión técnica e gastronómica, á que acodiron máis dun centenar de gandeiros da comarca. Gracias á organización da Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte e da Carnizaría Antelo, a Costa coñeceu un pouco máis as características que fan deste animal un tesouro no noso país.

O sentido principal da charla describiuno claramente José Antonio Carril Gonzalez-Barros, Coordinador xeral da asociación ASOPORCEL. Carril trouxo cifras en clave de "sostiilidade e rendivilidade" para animar á xente da zona a que abran novas explotacións deste manxar exclusivo.

E incidiu Carril neste punto, como un dos valores que o fan tremendamente atractivo no mercado internacional. E aí foi cando contou que o porco celta xa entrou no mercado xaponés pola súa alta calidade ao estaren os porcos criados en extensivo e con alimentación natural, que os fai moi fortes e con pouca tendencia a enfermar, e extremedamente ricos.

Falou ademais da súa xugosidade, do seu extraordinario sabor, e da súa saudade, afirmando que está demostrado científicamente que o porco celta é beneficioso para reducir o colesterol malo.

Posteriormente, Xacobe Pérez Paz, coñecido da TVG e Presidente da Asociación Pura raza Cabalo Galego, que falou sobre as particularidades desta raza de equinos propia de Galicia, incidindo así na importancia de recuperar estas razas autóctonas.

As xornadas remataron co que máis nos gusta e coa grande clave do seu éxito: unha boa degustación con produtos da casa gracias á Carnizaría Antelo.

Entrada publicada: 29/11/2010

Volver