Blog

Os pequenos da Escola de Fútbol de Corcubión aliméntanse coa Carnizaría Antelo

Porco Celta

Segue a Carnizaría Antelo demostrando o seu apoio, con feitos, ás entidades sociais e deportivas do concello de Corcubión. Un ano máis, a Carnizaría Antelo apoiará á Escola de Fútbol de Corcubión, aportando un bocata o remate de cada partido para todos os nenos da Escola. Trátase dun bocata de porco celta, como claro exemplo do compromiso da Carnizaría na alimentación dos pequenos do concello corcubionés, e coa intención de que outra xenaración de nenos e nenas do pobo, teñan un bocata sin que isto supoña unha carga econónica para a asociación.

A colaboración da Carnizaría Antelo coas entidades deportivas da vila vén de lonxe. Ademais de apoiar á Escola de Fútbol dende a súa creación, este ano os xogadores do primeiro equipo da UD Corcubión están tamén fantásticamente alimentados gracias aos bocatas de porco celta que reciben ao remate de cada partido. Todo gracias á colaboración da Carnizaría Antelo coa entidade deportiva.

Entrada publicada: 17/11/2010

Volver