Blog

O Porco Celta enriba da mesa nas III Xornadas da Costa da Morte

Xornadas Porco Celta 2010

Volve unha cita gastronómica xa clave na Costa da Morte, As Xornadas sobre o Porco Celta, que terán lugar o vindeiro sábado 27 de novembro ás 20:00h, na Casa da Cultura de Corcubión, reincidirá na grande aposta da Costa da Morte por unha raza autóctona galega. I é que sempre lembramos, que gracias á Asociación de Amigos do Porco Celta da Costa da Morte e, concretamente a José Luis Antelo, presidente da entidade e responsable da Carnizaría Antelo, a Costa é unha das zonas máis importantes do país de cría.

Os poñentes deste ano serán:

- José Antonio Carril Gonzalez-Barros, Coordinador xeral da asociación ASOPORCEL. cunha charla práctica sobre a rendabilidade das explotacións de Porco Celta e a súa vinculación co aproveitamento dos montes.

- Xacobe Pérez Paz, Presidente da Asociación Pura raza Cabalo Galego, que nos falará sobre as particularidades desta raza de equinos propia de Galicia.

Degustación

Ao final das intervencións haberá unha Degustación gratuita de varios productos de Porco Celta producidos e elaborados na Costa da Morte.

Entrada publicada: 15/11/2010

Volver